Este ano, o Grupo de Igualdade e Diversidade levou un reconto do número de asasinadas, engadindo unha figura cos datos de cada falecida nas escaleiras do instituto.
Ata o día anterior ao 25 de novembro, contabilizamos 51 asasinadas.
Na materia de Expresión Artística de 4ºESO elaboraron un cartel conmemorando a data.
O alumnado do centro implicouse nun acto de homenaxe ás vítimas, lendo os 51 nomes de cada unha.
Nin unha máis! Hoxe non estamos todas.
Comentarios
Publicar un comentario