Con motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia, o Departamento de Bioloxía organizou unha exposición de mulleres científicas, con murais realizados polo alumnado de 1º Bach.
Ademais realizaron unha saída coas rapazas de 3ºe 4º á Universidade de Vigo, co obxectivo de promover as carreiras de ámbito científico nas mulleres, participando na proposta #ElasFanCiencia.
Por último, o alumnado de Ciencias de 4º, 1º e 2ºBach, tiveron unha charla da oceanógrafa Cecilia Costas Selas, con actividades incluídas.
Exposición 11F: Mulleres na Ciencia |
#ElasFanCiencia |
Charla de Cecilia Costas Selas |
Comentarios
Publicar un comentario